Ata este 9 de setembro preto de 700 persoas asisten na Coruña ao XVI Congreso Internacional de Antropoloxía do Estado Español baixo o lema "Non hai fronteiras?". Este encontro, referente estatal no seu campo, serve de mostra das liñas de traballo da disciplina no noso país. Migracións, medio ambiente ou turismo son algunhas das cuestións que profesionais da etnografía galega abordan nos seus traballos. Repasamos algúns destes eixes da man das persoas que os desenvolven.
O encontro, que botou a andar este 5 de setembro, está organizado pola Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) e a Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE) coa participación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), as tres universidades galegas e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Segundo explica o comité de organizador, esta cita, que se convoca co lema Non hai fronteiras? "ten como obxectivo mostrar o traballo de especialistas en antropoloxía e disciplinas afíns. Tamén é unha invitación a recalcar rutas, debater sobre o que a antropoloxía pode achegar para abordar as crises (sistémicas?) polas que estamos transitando: a pandemia da Covid-19, a emerxencia climática, a crise dos coidados, as crises identitarias...".
Os espazos galegos no congreso
A organización deste congreso supón un importante reto para un sector precarizado como é o da antropoloxía galega. Segundo salienta Luzia Oca, presidenta da Agantro, "é un encontro moi grande, con 40 simposios diferentes e unhas 450 comunicacións". Dentro desta longa lista de propostas, apunta que "hai presenza da disciplina galega en temas como o Turismo e o Xacobeo, a antropoloxía lingüística, os patrimonios material e inmaterial e os conflitos vencellados aos mesmos, o feminismo ou nas análises sobre sectores primarios como a pesca e a agricultura, que resisten a súa desaparición". Ademais, e a destacar o protagonismo galego como sede do congreso, o programa inclúe unha mesa plenaria dedicada á antropoloxía no noso país e en Portugal.
Ollar os que marchan
Iria Vázquez, Profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo, coordina, canda a Belén Fernández Suárez do Departamento de Sociología e Comunicación da Universidade da Coruña, o simposio "Mobilidades pasadas e presentes en Europa: Identidades migratorias a debate" no seo do congreso, no que se presentarán diferentes propostas arredor do que é un dos grandes eixes de traballo da antropoloxía actual. As propias coordinadoras participan dun proxecto "que analiza a vaga migratoria actual de persoas galegas e do resto do Estado cara a Europa. Estamos a ver como se repiten algúns patróns de vagas anteriores como son os países de destino, que volven ser Francia e o Reino Unido e, en menor medida, Alemaña, explica Vázquez. Segundo lembra "logo da crise de 2008 hai xente, nova e non tan nova, que emigra forzada pola precariedade laboral do Estado". Nos seus estudos "atendemos a cuestións identitarias, como ata que punto esta xente se ve como emigrantes ou se se perciben diferentes da emigración que marchou nos anos 60 e 70", explica. Canda a isto "estamos a analizar os procesos de retorno, se son transitorios ou definitivos. Atendemos as complexidades que trouxo a pandemia neste ámbito, porque complicou moito a posibilidade de retornar no medio do illamento, ou o que está a implicar o Brexit para estas migracións". Neste sentido advirte que "falamos máis de mobilidades do que de migracións. Moitas veces dámonos conta de que hai xente que volta pero que logo duns anos emigra de novo, ao mesmo ou a outro país".
As migracións de hoxe
Canda a esta, Vázquez advirte que existen outras diferenzas nas actuais vagas migratorias que saen do noso país. "Hai patróns semellantes, no sentido de que non deixamos de ser un país do sur de Europa que exporta man de obra", explica Vázquez, "pero a situación tamén é moi diferente en canto ao nivel de estudos da xente que marcha, das súas competencias lingüísticas ou de teren viaxado ao estranxeiro de xeito previo". Outra particularidade é a presenza das novas tecnoloxías que "fan que se poida falar de casos de transnacionalidade. Xente que pode vivir en Londres pero que mantén un contacto estreito e unha mobilidade frecuente coa súa zona de orixe. Tamén hai unha situación de libre circulación de persoas en Europa que facilitou a mobilidade, pero continúa a haber dificultades en torno ao acceso a dereitos laborais plenos para moitas persoas nos países de destino".
A antropoloxía para as migracións
De cara á análise deste fenómeno, Vázquez salienta que "a antropoloxía ten moitos métodos de investigación útiles como a observación participante, as entrevistas en profundidade ou os grupos de discusión. É a disciplina clave para analizar a alteridade, e nós empregamos moitas ferramentas metodolóxicas da disciplina para ver como as propias persoas migrantes interpretan as súas situacións. Hai desde xente que se sinte expulsada a outra que se ve como cidadáns do mundo. Atopamos persoas que se identifican como emigrantes a un nivel de activismo á hora de defender os seus dereitos laborais no país de destino ou coa loita polo tema do voto nas eleccións", a xerar auténticos movementos sociais nestes colectivos. Ademais "a antropoloxía achéganos tamén claves para analizar as propias migracións que recibe Galicia, permítenos traballar a interculturalidade, valorar as culturas e as linguas que achegan estas persoas". Para ela "falta máis visibilidade destes estudos, que se divulgue máis o que facemos para que se poidan aplicar máis políticas sociais, e haxa debate, porque a antropoloxía sobre todo fai debates e reflexións, non achega respostas categóricas". Vázquez e Fernández non son as únicas antropólogas que seguen esta cuestión. "Na antropoloxía galega vese interese na cuestión. Nos últimos anos hai achegas importantes como os estudos de Luzia Oca sobre o colectivo caboverdiano en Burela, análises sobre cuestións sociolingüísticas ou a miña propia tese, que foi sobre a inmigración senegalesa en Galicia", explica.
Turismo
O Turismo é tamén un dos eixes que están presentes no congreso que se celebra na Coruña. O galego Xerardo Pereiro, profesor na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), centra nesta cuestión as súas investigacións desde hai anos. Segundo apunta na actualidade traballa "sobre a cuestión do turismo e as peregrinacións no norte de Portugal". Neste sentido as investigacións do seu equipo combinan "traballo de campo" (el mesmo realizou varias peregrinacións) "con entrevistas a diferentes axentes sociais e moita análise documental, tamén desde unha perspectiva histórica", a analizar tanto o aspecto patrimonial das rutas como a súa situación actual e a propia experiencia das persoas que as fan e que están vencelladas a elas. "Ata fixemos un estudo para certificar o camiño que vai de Coimba a Chaves e entronca en Verín coa Vía da Prata", explica. O seu obxecto de estudo son "os camiños portugueses do interior a Santiago, que son históricos pero que están a se revitalizar recentemente. Dáse unha reinvención da tradición xacobea e unha patrimonialización destes elementos na zona", apunta. Un proceso no que "están implicados políticos locais, técnicos, asociacións de camiñeiros, a Igrexa e empresas turísticas".
Os novos camiños portugueses
Segundo sinala Pereiro, "como proxecto turístico esta ruta está nunha fase inicial do seu ciclo de vida. Hai unha activación política arredor, moito entusiasmo e envolvemento da Igrexa, das asociacións, da sociedade civil e do mundo empresarial, con moita esperanza posta nos posibles beneficios económicos". Nos estudos que se abordan no grupo do que fai parte "estamos a facer dúas teses de doutoramento sobre a demanda e a motivación de quen fai o camiño e sobre os efectos da institucionalización da ruta sobre as comunidades locais". Nestes estudos "trátase de ver a adhesión social ás rutas, entendida como coñecemento, identificación e relación afectiva e emocional" coas mesmas, un campo no que "vemos moita variedade. Onde hai un liderado político vese máis esa integración do camiño. Noutros lugares, como en Chaves, non se dá tanta adhesión. Polo momento é unha ruta pouco demandada e faltan infraestruturas", asegura.
As comunidades no camiño
Algo que detectan nas súas análises é que "alí onde se crearon albergues xestionados pola comunidade, desde as Juntas de Freguesia, a relación das persoas que peregrinan coa poboación local e a implicación desta é moito máis positiva e xéranse moi boas conexións. Normalmente estes espazos son antigas escolas ou as propias sedes das Juntas, e a xente alí ten unha cultura de hospitalidade moi interesante. Polo momento para as comunidades locais resulta moi exótico que pasen peregrinos e entón falan con eles e danlles de todo, de comer ou de beber, cunha actitude moi solidaria". A explicar este interese, Pereiro lembra que na zona "existe un imaxinario moi forte da peregrinación, sobre todo entre a xente de máis idade. Alí dise que quen non foi a Santiago de vivo vai de morto, é como o noso San Andrés de Teixido. No caso das xeracións máis novas, moita xente xa foi unha ou dúas veces a Santiago e perciben a cidade como o santuario de referencia do Norte de Portugal". Fronte a este modelo "alí onde non hai este tipo de albergues a cultura da hospitalidade privatízase e a xente vai hoteis, en ocasións ata de cinco estrelas". Outra cuestión que detectou o equipo de Pereiro é que "os estranxeiros tenden a viaxar sós, mentres os portugueses e os españois fan estas rutas en grupo. Entrevistamos a máis de 120 e vense diferenzas claras. Hai tamén moitas motivacións diferentes".
O turismo desde a Antropoloxía
Para este investigador, malia ao interese da cuestión turística, desde a antropoloxía galega "está a se traballar pouco, sobre todo porque somos poucos investigadores. Hai moito interese pola relación entre turismo e patrimonio, pero este campo está dominado en xeral por xeógrafos, economistas e xente de empresariais". Como excepción destaca "o grupo Galabra da Universidade de Santiago, que desde as ciencias humanas e sociais en diálogo coa economía e outras disciplinas están a facer cousas moi interesantes sobre turismo, a contratar antropólogas como Beatriz Busto e a colaborar con xente da disciplina. Tamén desde a Universidade da Coruña a socióloga María José Andrade traballa este campo. Desde a disciplina houbo tamén estudos sobre os camiños a Santaigo, como a análise que realizou Nieves Herrero, pero máis coa perspectiva patrimonial do que co foco no turismo. Tamén hai investigacións de persoas de fóra que traballan aquí. Algunhas como Sharon Roseman dan a coñecer o que fai e falan con antropólogos galegos e coas comunidades locais, pero outras veñen fan o seu estudo e marchan sen comunicarse co sector da antropoloxía local, como foi o caso dalgunha análise sobre o turismo rural do Courel. En xeral en Galicia non se ve o antropólogo como potencial investigador do turismo, predominan discursos desde o marketing", advirte.
Antropoloxía e medio ambiente
José Antonio Cortés Vázquez, membro tamén da organización do congreso, presenta neste encontro unha comunicación sobre os cabalos de montes e outra sobre a conflitividades nos parques naturais. "Levo anos a traballar na cuestión do patrimonio natural, en particular nos espazos naturais protexidos e a conflitividade social que xorde destes espazos tan necesarios pero tan problemáticos. Non hai un só parque natural ou nacional que non teña conflitos, sexa con poboacións locais ou con empresas" explica. Estas áreas, segundo sinala o investigador "propoñen xeitos diferentes de definir recursos, coñecelos, xestionalos e darlles significados. A antropoloxía permítenos reflexionar sobre a idea da natureza e como determinados territorios son considerados naturais e outros non. Desde a antropoloxía simbólica podemos ver o significado da natureza, como evoluciona e a carga política que ten hoxe. Desde a perspectiva rural e a agraria vemos que as áreas protexidas corresponden en xeral a espazos empregados de xeito histórico para a produción agropecuaria e que ficaron marxinalizados ao longo do século XX: Estes parques están situados en zonas montañosas ou afastadas onde non hai polo formas de explotacións intensivas ou propias do territorio modernizado. Un exemplo disto é o parque das Fragas do Eume, que é un canón no que non hai un aproveitamento económico no presente. Fronte a isto podemos atopar un espazo claramente modernizado como é a Terra Cha, con grandes granxas", explica.
Conflitos nos espazos naturais
Nesta cuestión salienta que "hai problemáticas comúns, xa que o modelo de conservación é bastante homoxéneo en todo o Estado, aínda que pode haber situacións diferentes pola dinámica política ou administrativa. En Andalucía, por exemplo, contan cunha rede de espazos naturais consolidada, ampla e ben regulamentada, mentres en Galicia á situación é completamente diferente, carente de regulación en moitos casos, e que afecta a unha porcentaxe moi pequena do país. Despois a realidade social e territorial de cada sitio leva a diferentes situacións. A conflitividade nas Fragas do Eume é diferente do que podes atopar nun parque pequeno como é o do Monte Aloia ou nas Illas Atlánticas. En cada caso hai presións específicas, sexan turísticas, madeireiras ou pesqueiras, e non se poden atopar solucións xerais para todos, hai que ir ao local, como sempre".
A cuestión das bestas
Canda a isto "estou a traballar cun equipo multidisciplinar sobre o cabalo de monte galego, a analizar un pouco o contexto socioeconómico e a realidade dos besteiros e das comunidades de montes, coa idea de tentar preservar este patrimonio que temos en Galicia". Nese ámbito Cortés salienta que o principal problema deste patrimonio natural e inmaterial, é que "cada vez hai menos besteiros". Un fenómeno que obedece a diferentes causas. "En xeral hai menos xente que vive no rural ou do rural. Logo, a depender dos lugares, hai casos nos que a xente traballa noutra cousa e se dedica ás bestas no seu tempo libre, como é o caso da Serra da Groba, e outros nos que os besteiros traballan no rural e viven diso, como no Xistral. Alí o cabalo ten unha función importante, que é limpar o monte de mato e xerar pastos para as vacas. Na Groba esa limpeza ten máis que ver coa prevención de lumes, e permiten ademais desenvolver outras actividades turísticas como pasear polo monte". Canda a estas cuestións, "hai outras cousas pequenas" que dificultan o mantemento da actividade, sinala este investigador. "O ter que lle pór microchips aos animais, por exemplo, supón un gasto a maiores, nun momento no que ninguén lle dá valor económico ao cabalo. A día de hoxe ten un valor máis simbólico, vencellado ao ritual do curro e á paisaxe do monte, perderon o seu valor como forza de traballo". Outra cuestión é que "o cabalo conta igual que unha vaca á hora de calcular a carga gandeira para solicitar as axudas europeas da Política Agraria Común", tendo un rendemento económico moi inferior a esta especie. "Son incentivos negativos que, como di moita xente, quitan as ganas de se dedicar a isto. En cada lugar unhas cuestións pesan máis e outras menos. Na Groba por exemplo o ter que ter seguro para os accidentes cos animais e o microchip aparecen máis, mentres no Xistral falan máis da cuestión das axudas da PAC".
O interese polo medio
Canda a estas temas, o investigador traballa na actualidade "na cuestión do cambio climático que non é sinxelo facer porque non é un concepto que estea presente no cotián, é difícil de traballar no ámbito micro, que é onde a antropoloxía ten a súa forza". Encol do interese na antropoloxía galega por cuestións ambientais, Cortés apunta que "a nivel histórico non hai moito interese neste campo, nin aquí nin en xeral. Foi aínda nos anos 80 que a antropoloxía ambiental comezou a se consolidar en España". Aínda que recoñece que "en todas as etnografías hai unha compoñente ambiental e de descrición do medio, e un esforzo por vincular as actividades humanas coa realidade sociecolóxica do territorio". Na actualidade "hai moita xente que toca o tema, desde perspectivas como o estudo dos movementos sociais vencellados ao medio ambiente ou tamén ao patrimonio na súa vertente cultural e natural. Pero en Galicia eu son case o único que se dedica especificamente a este ámbito. En Cataluña, Andalucía, Valencia ou Canarias si hai moita xente a traballar no tema", explica.
A situación galega
Á luz do congreso, Luzia Oca apunta que, malia á precariedade, "a antropoloxía galega conta con recoñecemento a nivel estatal. Agantro fai parte da ASAAEE desde o seu comezo en 1993, xa organizamos un congreso coma este en 1999 e a actual presidente da ASAAEE, Cristina Sánchez-Carretero, foi a anterior presidenta da Agantro", explica. Sobre a organización deste encontro, "supón un grande traballo do colectivo das persoas de Agantro". Ao seu ver, a cita "vai ser moi importante para establecer e aprofundar redes nas que estamos de xeito colectivo e individual e sobre todo para visibilizar a antropoloxía, o que facemos e onde o facemos".
A necesidade da antropoloxía
A reivindicar unha vez máis a importancia da disciplina, Oca salienta que "somos un colectivo importante pero continuamos a ter bastante precariedade e vulnerabilidade. Hai un desequilibrio claro entre a ausencia de apoio institucional, que se fai visible especialmente na ausencia de oferta académica da carreira de Antropoloxía Social e Cultural, e a grande cantidade de profesionais da antropoloxía que existimos. En Agantro somos arredor de setenta persoas socias e non estamos todas as que hai en activo, hai unha importante cantidade de proxectos en diferentes áreas, e estamos a contribuír dun xeito moi importante á sociedade galega".