A falta de rematar esta VIª Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiЯ de Allariz que se está a celebrar desde onte e ata o vindeiro dÃa 9, xa se coñece o destinatario do seu premio honorÃfico deste ano. O actor Manuel Manquiña (Vigo, 1953) recibe este ano o Premio RiR Contigo do evento pola súa traxectoria no mundo da comedia. Tamén se homenaxeara a outro nome propio do xénero no audiovisual español, o realizador e guionista Manuel Summers, a coincidir co seu trinta cabodano. Estes dÃas poderán verse en Allariz ata 41 curtametraxes de xénero cómico durante o festival, seleccionados de entre os 268 chegados de moi distintos lugares do mundo, estando finalmente representados oito paÃses, incluÃndo Galicia. Dentro do programa poderán verse mostras do audiovisual galego entre as que se estrea a curtametraxe ' Morte e meu avó' de Gon Caride. Xunto a outros como 'O monstro e a nena' de Jorge J. Costas; 'Sandwich cat' de David Fidalgo Omil; 'A comuñón da miña prima Andrea' de Brandán Cerviño e 'Señora, por favor' de Alma Alonso e MarÃa Aragón.