Un total de 18.000 participantes, case mil actividades e un incremento de vendas do 5%. Este é o resumo da temporada de feiras do libro que finalizou este 26 de agosto en Monforte logo de percorrer 14 concellos do paÃs. A Xunta e a Federación de LibrarÃas de Galicia, organizadoras do circuÃto, daban a coñecer este tres de setembro o balance desta xeira, que consideran moi positivo.
Segundo salientan as dúas entidades, neste 2023 incrementouse a programación das feiras, xa que se realizaron nestas citas un total de 641 sinaturas de libros, 81 máis que en 2023, nas que participaron 7.850 persoas, 1.749 máis que na anterior edición. A estas sumáronse 294 accións máis, entre obradoiros e actividades para público infantil, nas que participaron outras 8.615 persoas.
A Federación de Libreiros de Galicia destacou ademais que o 90% das librarÃas participantes apuntaron que as cifras de venda estiveron un 5% por riba dos datos do ano pasado. Ferrol, Santiago de Compostela, O Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos foron as paradas desta actividade na que participaron 102 librarÃas, 16 editoriais e 13 institucións.