As Feiras do Libro continúan a súa expansión e suman dúas novas citas

Dezaseis localidades contarán cun destes eventos ao longo de 2017

24/2/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Contínua a expansión das Feiras do Libro pola xeografía galega. A seguir a tendencia dos últimos cinco anos, tamén neste 2017 se incrementa o número destas citas, e un total de 16 localidades do país contarán cun dos eventos que coordina a Federación Galega de Librarías. Verín, Mondoñedo e Ponteareas súmanse ao circuíto e cae Pontevedra, mentres continúan Ferrol, Compostela, Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte. A xira dos libreiros comezará en Verín o vindeiro 31 de marzo, mentres Monforte fechará esta xeira entre o 23 e o 26 de agosto. En paralelo, tamén se incrementan as feiras do libro antigo e de ocasión, que suman a Ferrol e Portonovo aos encontros de Santiago, Lugo, Vigo, A Coruña e Ourense.

Logo de perder 4 citas a respecto do anterior ano, foi en 2012 cando houbo un menor número de eventos, con 7. Desde aquela, a recuperación pasou a 11 en 2012, 12 durante o bienio 2014 e 2015, e 14 no pasado ano ata chegar ás 16 deste 2017.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ourense, Lugo, Vigo...