Catorce feiras do libro percorrerán Galicia este ano

Porriño e Ribeira son novidade nun calendario que abre Pontevedra o 5 de abril

2/3/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Federación de Libreiros de Galicia daba a coñecer onte o calendario das feiras do libro que percorrerán Galicia esta primavera e no verán. Como principal novidade neste 2016 está a incorporación de dúas novas localidades ao circuíto. Porriño, que celebrará a súa feira entre o 12 e o 15 de maio e mais Redondela, que o fará entre o 16 e o 19 de xuño incorpoóranse a esta actividade. Pontevedra será a primeira localidade á que chegarán os postos de venda, o vindeiro 5 de abril. Ás catorce feiras do libro novo súmanse cinco dedicadas ao antigo e de ocasión, que visitarán Compostela, Lugo, Vigo, A Coruña e ourense.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Porriño, Pontevedra, Federación de Libreiros de Galicia...