A Federación de LibrarÃas de Galicia ven de facer público o calendario das Feiras do Libro de Galicia para o ano en curso. O número de citas se mantén respecto ao pasado ano en 16 feiras con algunhas variacións en canto as localizacións. Desaparecen do calendario as feiras de Lugo, en maio, e Sanxenxo, en xullo, pero entran as de Celanova, unha soa xornada o 23 de maio na Praza Maior, e Cambados, no Paseo Calzada do 19 ao 22 de xuño. Segue sen estar nesta lista Pontevedra, que opta por un modelo de feira local no canto de tomar parte destas que están organizadas pola Federación de LibrarÃas co apoio da Xunta de Galicia. De novo VerÃn abrirá este calendario o vindeiro 5 de abril e será na Rúa do cardeal en Monforte onde se pechen as feiras o 31 de agosto. A feira de Vigo ocupará nesta ocasión a Rúa PrÃncipe do 27 de xuño ao 6 de xullo, unha das tres citas máis longas coa de Santiago, 28 de abril a 5 de maio, e coa de Coruña que de novo ocupará os xardÃns de Méndez Núñez entre o 1 e o 11 de agosto. As datas e lugares das feiras de libro de ocasión aÃnda non se fixeron públicas.
CALENDARIO DE FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA 2019:
VerÃn, do 5 ao 7 de abril. Praza da Merced
Ferrol, do 23 ao 27 de abril. Praza da Constitución
Santiago de Compostela, do 28 de abril ao 5 de maio. Paseo Central da Alameda
O Porriño, do 9 ao 12 de maio. Rúa Ramón González
Celanova, 23 de maio. Praza Maior
Ourense, do 29 de maio ao 1 de xuño. Rúa do Paseo
Redondela, do 6 ao 9 de xuño. Alameda
Ribeira, do 13 ao 16 de xuño. Praza do Concello
Cambados, do 19 ao 22 de xuño, Paseo Calzada
Vigo, do 27 de xuño ao 6 de xullo. Rúa do PrÃncipe
Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo. Praza Maior
Rianxo, do 25 ao 28 de xullo. Praza Castelao
A Coruña, do 1 ao 11 de agosto. XardÃns de Méndez Núñez
Viveiro, do 14 ao 18 de agosto. XardÃns de Noriega Varela
Foz, do 22 ao 25 de agosto. Praza de Conde Fontao
Monforte de Lemos, do 28 ao 31 de agosto. Rúa do Cardeal