Representantes da Federación de Librarías de Galicia de da Xunta de Galicia veñen de presentar conxuntamente o calendario de Feiras do Libro da comunidade para este ano. Igual quer o pasado ano serán trece as citas que as librarías terán cos lectores ao longo da xeografía galega desde este mesmo mes e ata agosto, no relativo ás localidades mantéñense case todas as do ano pasado, se ben Vilalba desaparece e no seu lugar entra Redondela. O comezo terá lugar o día 19 deste mesmo mes na Praza da Constitución de Ferrol e pecharase o calendario o 24 de agosto en Monforte de Lemos. A polémica do pasado ano pola situación pouco idónea da feira en Vigo semella solucionada, toda vez que se traslada á Praza de Compostela, no centro da cidade olívica entre o 1 e o 7 de xullo. Segundo a directiva da Federación, no relativo a actividades nos programas, este ano será no que se presenta máis variedade que ningún dos anteriores. O lema que acompaña estes eventos no cartaz será "Atopa a túa Historia", propondo o concepto das Feiras coma espazos de aventura e convivencia entre autores e lectores, no que atopar a historia perfecta para cada un de nos.
A Biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporáneo foi hoxe escenario da presentación dun acordo que refrenda o convenio de colaboración entre a Federación de Librarías de Galicia e a Xunta De Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que sirve de marco para o desenvolvemento destas Feiras do Libro de Galicia pero que vai máis lá diso. Inclúe este ano o convenio un proxecto de formación continua para as librarías asociadas, con cursos que afondarán en temas tan importantes como a IA dentro do sector libreiro e editorial, o desenvolvemento de actividades dentro das librarías galegas, axudando especialmente a aquelas librarías que teñen maiores complicacións na súa programación, e un dos proxectos estrela do 2024: a creación dunha intranet para as librarías federadas que permita unha maior coordinación e difusión das actividades realizadas.