Malia a desaparición este ano da cita en Redondela, a incorporación de Lugo e Vilalba consegue aumentar o número de citas co libro que ofrece o programa oficial de Feiras do Libro da Federación de Librerías de Galicia. Ferrol, Santiago, Porriño, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz, Monforte de Lemos e as mencionadas novas prazas conforman as trece sedes de encontro cos libros neste 2022, unha cifra en crecemento desde as nove do ano pandémico 2020, malia que aínda afastada das dezaseis que tivo en 2019. As Feiras do Libro 2022 arrincarán esta fin de semana coa primeira cita, en Ferrol, e continuarán ata finais de agosto, nun calendario completo que permitirá gozar dunha programación diferente, na que se combinarán as actividades lúdicas coas presentacións e firmas de libros habituais nestas citas.
Este ano as feiras do Libro estrean ademais imaxe gráfica, ao igual que o fai a propia Federación de Librarías que tamén actualiza a súa páxina web. Os libros como guías, como instrumentos non só para abrirnos xanelas a outras realidades, máis tamén como acompañantes no día a día, ofrecéndonos apoio cando o precisamos, esta é a imaxe que inspirou a cartelaría deste 2022, na que un pequeno lector leva un libro como un globo, pero á súa vez, é levado por el. Unha imaxe evocadora da importancia da lectura na nosa vida diaria, representando o cotián pero tamén o movemento que nos ofrece a lectura.