Tras o remate o pasado sábado en Monforte da última das 13 feiras do libro do circuÃto tradicional, a Federación de LibrarÃas de Galicia ven de recoller e facer públicos os datos deste ano das feiras do libro en Galicia. En total foron 66 dÃas de feiras entre o 19 de abril e o 24 agosto repartidas nas 4 provincias., sendo a máis longa a da Coruña, con dez dÃas. Segundo os organizadores estes evento tiveron o favor do público, xa que o cómputo global que recollen ten un aumento do 12 por cento entre os participantes nas actividades culturais programadas. Dende a organización apuntan a que parte da clave deste incremento pode atoparse no aumento das librarÃas participantes, 152 en total, un 11% máis que no 2023.
Malia non poder ofrecer datos de asistencia polo carácter aberto e gratuÃto destas feiras a percepción xeral da organización e dos libreiros participantes apunta a un aumento das visitas, na liña do aumento da participación nas convocatorias, algo que queda reflectido nas cifras de vendas: máis de 55.000 exemplares por valor de máis de 1 millón de euros entre as 13 citas, dos cales o 35 por cento entra dentro dos libros publicados en galego. A Federación de LibrarÃas de Galicia mostrase satisfeita, "o 98% das librarÃas participantes volverÃan participar tras o seu paso polas feiras do 2024, o que nos demostra que este é o camiño a traballar". Por iso, dende o organismo confirman que están xa a traballar, xunto á Xunta de Galicia, na proposta cultural para as Feiras do Libro 2025.