A Feira do Libro de Vigo fecha cun incremento de vendas

Vendéronse un 20% máis volumes malia á menor participación de libreiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Nos últimos anos multiplícanse as voces a advertir da crise no modelo das feiras do libro. Unha presenza de cada vez menos librarías e un supostos descenso de vendas mantiña aberto un amplo debate sobre este circuíto. No entanto, este ano as cifras apuntan un incremento destacado de vendas, malia a que cada vez hai menos librarías que participan en cada unha destas citas. O último caso foi o de Vigo, onde o novo presidente dos libreiros galegos, Xurxo Patiño, cifrou en 25.000 o número de visitantes e nun 20% o incremento das vendas a respecto do pasado ano. As cifras coinciden en boa medida coas que se obtiveron esta temporada en citas coma a de Ourense ou a de Lugo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Feira do Libro, Ourense, Lugo

Claves

Lugares