A redución de vendas, orzamento e participación marcan o comezo das feiras do libro

Compostela abre mañá a trixésima edición desta cita

29/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O arranque das feiras do libro deste ano, que tivo lugar en Ferrol, foi frouxo. Os libreiros recoñecen que as previsións "caeron en picado" e que a cita "non saiu ben". Un descenso na participación de librarías, menos vendas, e un apoio da Xunta que pasou de 260.000 a 200.000 euros para o conxunto das feiras son algúns dos factores que a Federación de Libreiros sinalaron para explicar este mal resultado. Precisamente mañá arrinca en Compostela a segunda cita desta xeira. A trixésima edición do evento comezará cun pregón de Diego Ameixeiras e conta coa presenza de 16 postos. https://playswiz.com/

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego Ameixeiras

Claves

Protagonistas