O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2023 o premio Xograresa de Outono á escritora e xornalista Ana RomanÃ. Para os pasados xograres e xograresas de outono responsables da elección de Romanà como premiada neste 2023, resulta moi significativo e salientable que cando o teatro apenas tiña espazo nos medios de comunicación, ela sempre buscou darlle visibilidade, outorgándolle voz e debate ás compañÃas, artistas e citas escénicas de Galicia. No seu fallo, o xurado destacou "a súa labor inestimable na promoción da cultura, a radio e o teatro galegos, impulsando formatos propios e mostrando un forte compromiso social. Ana Romanà é unha muller de teatro, incansable defensora da cultura galega e do galego, e que acredita unha extensa e recoñecida traxectoria que a levou a alzarse, entre moitos outros galardóns, co Premio Nacional de Periodismo Cultural en 2018". Deste xeito o encontro mantén viva a chama da posta en valor e o recoñecemento de figuras imprescindibles do sector cultural galego, coa entrega anual dun galardón que quere salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas.
Con este galardón, o FIOT abre o espectro do premio a novos sectores vinculados ás artes escénicas, como é o da comunicación, poñendo en valor a súa relevancia e necesaria labor para o coñecemento e a consolidación das artes escénicas. O FIOT quere recordar e agradecer tamén con este premio o vÃnculo tan especial que Ana Romanà ten con festival xa desde os seus inicios e lembran que foi ela quen chamou ás portas do FIOT xa na súa primeira edición, para darlle espazo e cabida no seu prestixioso Diario Cultural, que desde aquel ano repetiu edición a edición a súa valiosa cobertura da cita escénica carballesa. Ana Romanà foi a primeira xornalista en darlle voz ao FIOT e, desde entón, o seu vÃnculo nunca se romperÃa, indican desde o festival. Romanà recollerá o seu galardón este outono en Carballo, durante a celebración da 32ª edición do FIOT, o testigo do cómico Evaristo Calvo, premiado en 2022.