A noite resulta un valor engadido para a observación máis nidia duns bens patrimoniais arqueolóxicos como son os petróglifos que salpican o nosos país. Así o entenden moitos concellos que estes días organizan actividades de visitas e roteiros guiados para achegarse a eles entre a escuridade nocturna e coas estrelas como teito. O Concello de Nigrán ofrece este xoves 27 de Xullo un novo roteiro nocturno polos petróglifos do municipio, neste caso polos da parroquia de Priegue (anteriormente foi Monteferro) e guiados por arqueólogos da cooperativa Árbore, encargados de mellorar a sinalización e o estado destes gravados. Na provincia da Coruña é o Concello de Vimianzo o que abre agora o prazo de inscricións para participar na Noite de petróglifos, unha andaina de 4,4 quilómetros que se realizará o sábado 26 de agosto, con saída ás 22:00 horas das praza do Concello para dar a coñecer a historia destes elementos na contorna municipal. Neste caso serán membros do colectivo A Rula os encargados de guiar ás persoas participantes que poderán percorrer os petróglifos de Somontemio, a Cruz do Loureiro e o do Prado da Cruz.
En Nigrán infórmase que a andaina para percorrer este gravados levará cerca de dúas horas e que se será de dificultade alta, ademais de pola escuridade (salvada con lanternas) pola gran pendente a percorrer. Entre os diferentes petróglifos que apreciarán destaca o de O Currelo, considerado un dos máis espectaculares do municipio polo seu gran tamaño e a variedade de motivos que presenta. Ademais, visitarán tamén o das Requeixadas, o barrio de A Mámoa e un gran miradoiro na cima da parroquia. Os seguinte roteiro nocturno para apreciar petróglifos máis nitidamente que a pleno sol será o día 10 de agosto en Chandebrito, a parroquia onde máis se poden atopar de todo Nigrán.