Quiosco: Anuario Clara Corbelhe 1

A cabeceira publicou tamén na rede íntegro o primeiro número da súa revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Quiosco: Anuario Clara Corbelhe 1

O proxecto Clara Corbelhe acaba de presentar a primeira entrega do seu Anuario. Esta publicación, de máis de 200 páxinas, recolle todas as colaboracións que se publicaron entre 2021 e 2022 no web da iniciativa. En total, artigos de vinte e unha sinaturas sobre cuestións de historia, cultura, territorio e política que a asociación promotora pon á venda este 25 de xullo e que recibirán tamén as persoas subscritoras do proxecto.

A publicación poderá adquirise en diferentes citas culturais ao longo deste verán, como o Festigal, o Festival de Poesía do Condado, a Feira do Livro Anarquista da Coruña ou a Jornada de Estudo Clara Corbelhe prevista para o vindeiro mes de outubro.

En paralelo, esta xa tamén dispoñible no web a versión en pdf do primeiro número desta publicación, que saíu á rúa en 2021. Beatriz Busto, Antom Santos, Helena Miguélez-Carballeira ou Javier de Pablo asinan algúns dos contidos da entrega que agora e pode descargar de balde.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Clara Corbelhe 5

Quiosco: Clara Corbelhe 5

A presentación da entrega coincide coa posta en marcha do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos

Quiosco: Clara Corbelhe 2

Quiosco: Clara Corbelhe 2

A publicación analiza a relación entre ideoloxía, bloques de poder e institucións no noso país

Quiosco: Fol de Veleno 10

Quiosco: Fol de Veleno 10

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta a entrega do seu anuario correspondente a 2021

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Beatriz Busto, Feira, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos