Quiosco: Clara Corbelhe 2

A publicación analiza a relación entre ideoloxía, bloques de poder e institucións no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Clara Corbelhe 2

Co eixe temático "O campo intelectual: ideologia, blocos de poder e instituições na Galiza" está a chegar ás librarías a segunda entrega da revista de pensamento Clara Corbelhe. No seu índice, artigos sobre cuestións como o Land Rober Tunai Show e o humor na TVG, a cargo de Marta Pérez Pereiro; os usos da música no PPdeG e no BNG da man de Alicia Pajón, ou unha revisión do legado de Castelao realizado por Antom Santos e David Rodríguez.

A publicación pretende abordar cuestións como "o que é que entendemos por produção intelectual? Que instâncias é que produzem os quadros interpretativos hegemónicos sobre a realidade galega? Onde é que podemos localizar os grandes dispositivos de produção intelectual da direita espanhola na Galiza? E da esquerda espanhola na Galiza?".

Entrevistas a María Xosé Bravo e Maite Ferreiro sobre o municipalismo galego, o Xacobeo e o seu papel na hexemonía cultural española ou unha reivindicación de Ramón López-Suevos fan tamén parte dos contidos. O Centro Cultural Río Lagares acolle este 21 de xaneiro a primeira presentación da nova entrega.

O Espaço Clara Corbelhe, "um projeto multidisciplinar de investigação, produção e difusão de pensamento crítico galego" sen ánimo de lucro é responsable da publicación.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Clara Corbelhe 5

Quiosco: Clara Corbelhe 5

A presentación da entrega coincide coa posta en marcha do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos

Quiosco: Mazarelos número 7

Quiosco: Mazarelos número 7

O novo número da revista recupera arquivos fotográficos ou analiza a relación entre identidade galega e fútbol

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, David Rodríguez, Humor, BNG...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos