Quiosco: Nace Clara Corbelhe

A primeira entrega da nova revista céntrase na presenza de España na Galicia actual

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Quiosco: Nace Clara Corbelhe

Xa está dispoñible nas redes o índice da primeira entrega da revista Clara Corbelhe. A publicación, que fai parte do proxecto homónimo de investigación e crítica, bota a andar a se definir como "Promiscua. Comunal. Autónoma. Para co-construir ferramentas de conhecimento, análise e intervenção desde um lugar de enunciação que, suspeitamos, temos de erguer", segundo anuncia o editorial da publicación, que pretende ser "um lugar que desassossegue relações e arquivos, para armar desde o materialismo e a autonomia crítica uns estudos emancipatórios galegos".

A entrega chegará ás tendas este mes de decembro co lema Poder e Colonialidades: Espanha na Galiza de hoje a contar con textos de Beatriz Busto sobre o corpo como territorio colonial no franquismo, de Xabier Buseiro e Antom Santos a tratar "O assentamento do poder espanhol na Galiza", ou de Daniela Fernández Pérez sobre a imaxe do cacique. Ademais, Germán Labrador asina un artigo sobre as narco-ficcións e a construción do imaxinario neoliberal do país, e Helena Miguélez-Carballeira e Javier de Pablo achéganse aos asentamentos de colonización da Terra Chá, mentres o consello de redacción da publicación aborda o eucalipto como paradigma da desposesión dos montes comunais, entre outras propostas.

Para alén da revista, o Espaço Clara Corbelhe publica diferentes artigos na rede e prevé desenvolver outras propostas como "publicacións, debates, cursos, conferencias ou programas de estudos coa intención de "articular uns estudos emancipatórios galegos no objetivo de abrirmos novos vieiros para o pensamento crítico galego e possibilitar outros circuitos de saberes". O nome do proxecto homenaxea unha campesiña que a finais do século XIX denunciou o home que a deixou preñada e viviu como caseteira en Castro de Rei.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Clara Corbelhe 5

Quiosco: Clara Corbelhe 5

A presentación da entrega coincide coa posta en marcha do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Beatriz Busto, Germán Labrador, Franquismo, Vieiros...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares