O MARCO inaugura a exposición 'Cando remata o día' de Concha Martínez Barreto

O proxecto concibido para o museo vigués estará presente a o vindeiro 14 de xaneiro

O proxecto concibido para o museo vigués estará presente a o vindeiro 14 de xaneiro
Concha Martínez Barreto. s/t 46, 2022. Óleo sobre lino, 40 x 50 cm Foto: MARCO
O MARCO de Vigo inaugurou hoxe a exposición "Cando remata o día", mostra monográfica da artista Concha Martínez Barreto (Fuente Álamo, Murcia, 1978). Este proxecto concibido para o MARCO é o máis ambicioso na traxectoria de Martínez Barreto, e está articulado a través de traballos pictóricos, fotográficos e escultóricos. En canto á pintura –parte esencial da súa obra–, preséntanse obras de nova produción que serven como unha especie de fío condutor entre todas as pezas. Segundo o texto do comisario da exposición e director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, "Cando remata o día", remite a un tempo nocturno, entendido como ese lugar de soidade e despoxamento do superfluo onde a artista se reatopa co pasado, co agochado, cos medos máis primarios, se cadra non tan afastados dos da nosa infancia. Todas as obras da exposición, según expón a presentación, "convocan medos e desexos, afectos e traumas: unhas cartas que ao borrarse reescríbense; unhas pinturas que agochan máis do que amosan; o niño inapreciablemente amalgamado con veleno; os días e os seus baleiros; uns paxaros que baten as ás desesperados por non caer; as miradas dos dormentes profundamente escavadas no tempo ou a casopa que é á vez refuxio e intemperie... aluden, todas elas, á incerteza e a como o desamparo habita no centro da noite". A mostra estará presente na galería B1 e sala perimetral do 1º andar do MARCO ata o vindeiro 14 de xaneiro de 2024.

Ligazóns