O MARCO de Vigo abre hoxe unha nova exposición monográfica do artista catalán LluÃs Lleó (Barcelona, 1961). Baixo o tÃtulo 'LluÃs Lleó. Pittore' esta exposición, a primeira nun museo español tras o seu regreso de Nova York, onde residiu durante varias décadas, mostra a obra dos últimos anos -pinturas e debuxos sobre distintos soportes, grandes papeis flotando nos patios, esculturas e estruturas circulares que dialogan coas salas da planta baixa e o panóptico-, xunto a unha selección de traballos anteriores considerados referenciais, segundo comunica o MARCO. A mostra está comisariada por Rosa Gutiérrez Herranz e o director do MARCO, Miguel Fernández-Cid. Os seus traballos máis recentes, explican desde o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, caracterÃzanse por unha conxunción entre a escultura e a pintura, a medio camiño entre figuración e abstracción. A mostra, inaugurada hoxe coa presenza do artista, ocupará ás salas de exposición da planta baixa do edifico ata o vindeiro 24 de setembro.
O centro vigués presenta tamén esta fin de semana o ciclo de proxeccións "Yannick Bellon. FilmografÃa completa" que, en colaboración coa Filmoteca Vasca e Les films de l'equinoxe, presentará os martes e sábados ata o mes de xuño as obras cinematográficas desta realizadora francesa (Biarritz 1924 - ParÃs 2019). De familia comprometida coas ideas progresistas e o mundo da cultura, Yannick Bellon dáse a coñecer cando a súa curtametraxe Goémons (1948) obtén o Gran Premio da Bienal de Venecia. 70 anos despois, pecha a súa filmografÃa con "DÂ’où vient cet air lointain?" (2018). Entre ambas as dúas, unha secuencia de historias e reflexións, sempre vencelladas a unha mirada comprometida coa súa época e coa súa condición de muller: unha arquitecta que axuda a un aprendiz de novelista a apartarse do alcohol ("Quelque part quelquÂ’un", 1972); un filme clave no pensamento feminista sobre unha muller que reivindica o seu espazo propio ("A femme de Jean", 1974); a memoria a través dos obxectos en poxa dunha actriz ("Jamais plus toujours", 1976); a violación ("LÂ’amour violé", 1978); a felicidade truncada por un cancro de mama ("LÂ’amour un", 1981); a bisexualidade ("La triche", 1984); as drogas e a prostitución ("Les enfants du désordre", 1989); a defensa da natureza fronte á caza ("LÂ’affût", 1992); unha sorte de autorretrato que o é dunha época intensa: o ámbito surrealista, a Guerra Civil española, a II Guerra Mundial, a vida paralela do cinema ("DÂ’où vient cet air lointain?", 2018). O ciclo comeza este mesmo sábado coa proxección de "Quelque part quelquÂ’un" (1972) e un coloquio titulado “Yannick Bellon. A mirada de fronte” coa participación de Eric Le Roy, autor do libro "Yannick Bellon. La mirada de frente" e Luisa Etxenike, escritora e tradutora da publicación.