Unha selección do traballo máis recente do artista vigués Bosco Caride compoñen a nova proposta expositiva do MARCO. O centro da Cidade OlÃvica abre este 21 de marzo Indicios, unha exposición que se poderá ver ata o vindeiro 15 de setembro. Segundo sinala o centro, baixo este tÃtulo preséntanse "obras que nos falan do que non representan, ao xeito dun artista-cronista que selecciona fragmentos da realidade, proxectados a través da pintura, que acaban conformando unha perspectiva do tempo que vivimos".
Cadros a representar "estados atmosféricos ou gasosos (nubes, fume, vapores...) que se presentan sen ningunha referencia espacial ou contexto" compoñen esta proposta, que conta co comisariado de Jaume Vidal Oliveras. "A de Caride é unha obra aberta que posúe moitos niveis de lectura porque os seus 'efectos atmosféricos ou gasosos', como a noite ou as néboas do norte para os románticos, non son unha ausencia, senón unha produción de sentido: é o mundo da suxestión ou a chave da imaxinación", sinala a presentación da mostra.
"Pero por riba de todo, por esta mesma razón, Bosco Caride responde á idea da arte como contemplación. El identifÃcase cunha tradición contemporánea que, aÃnda que con diferentes sensibilidades, entende a pintura como reflexión, un espazo de silencio, un dialogo cara a cara coa obra de arte", conclúe.