O festival Abanea leva dez espectáculos de danza a catro concellos

Foz, Outes, Gondomar e Allariz acollerán as actividades da segunda edición do programa a partir do 26 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O festival Abanea leva dez espectáculos de danza a catro concellos

Foz abre, este 26 de xullo, a segunda edición de Abanea. O Festival de Danza e Movemento celebra desta volta a súa actividade en Outes, Gondomar e Allariz ademais de na vila da Mariña, cun programa que se desenvolve ata o vindeiro día 30. En total serán quince funcións de dez espectáculos as que farán parte desta iniciativa que organiza ISMO Cultura co apoio da Xunta de Galicia.

A programación distribuída desta xeira achegará o espectáculo A raíz de de Daniel Rodríguez, Vestirme de ti de Nuria Sotelo e Clara Ferrão, Human 21 da catalá Sandra Maciá, The Sad-Mad Method, da tamén catalá Clara Sisteré e Minguantes da compañía galega Entremáns, Proserpina da madrileña La mínima.

A estes títulos súmase Me fui con tu nombre de No Man's Land Cie e Samsara de Chey Jurado e Javito Mario desde Estremadura. O colectivo La Incendaria, con membros de Galicia, Madrid e Euskadi estrearán en Allariz a versión non convencional de Sun Dogs o día 30, mentres desde Euskadi Ertza levará a escena Otempodiz na mesma localidade.

Ademais de actuacións, o programa levará ás localidades participantes o obradoiro Discoteca de señoras, destinado a "todas aquelas persoas adultas que teñan ganas de bailar e de festexar o día" mediante diferentes dinámicas de danza, un de danza en familia e unha pista de baile aberta a todas as persoas asistentes ao final de cada xornada.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Espectáculo, Allariz, Foz...