Allariz Debuxado amplía programa na súa segunda edición

O encontro, que se celebra os días 26 e 27 de xaneiro, integra unha Feira da Creación

Celsius Pictor, María Pascual de la Torre, Víctor Coyote e Juan Berrio son os autores convidados á segunda edición de Allariz Debuxado. O encontro de ilustración que se desenvolve na Vila do Arnoia desenvolverase entre o 26 e o 27 de xaneiro próximos cun programa que se amplía e inclúe por vez primeira unha Feira da Ilustración. Este novo espazo permitirá a venda e presentación de produtos vencellados á ilustración. Ademais o espazo Bencomún acollerá encontros con autores e haberá actividades de animación de rúa.

Dentro do programa, ademais dos relatorios que impartirá cada un dos convidados, inclúese unha mesa redonda sobre "A aventura de publicar o primeiro libro", que contará con intervencións de Jorge Campos, Mariana Aravena, Lidia Noko Noko, Xulia Pisón e Sonia García Vidal. A exposición As doce probas de Heracles de Celsius Pictor na galería circular completa o programa do evento.