Allariz inaugura o seu primeiro festival dedicado á ilustración

Celébrase os vindeiros 27 e 28 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Allariz inaugura o seu primeiro festival dedicado á ilustración

Javier Sáez Castán, Premio Nacional de Ilustración 2016, Juan Berrio, Isabell Seidel e Miguel Robledo son os convidados na primeira xeira de Allariz Debuxado. O I Festival de Ilustración que se celebra nesta vila acollerá da man destes profesionais charlas e obradoiros sobre cadernismo e debuxo a partir na rúa. Conferencias, presentacións ou a exposición Clásicos Reseteados do ourensán Miguel Robledo fan parte dun programa no que tamén haberá unha sesión de presentación de proxectos aberta a novos ilustradores. As actividades desenvolveranse a partir das 12 da mañá do 27 de xaneiro e ao longo do sábado 28.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Clásicos, Debuxo, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares