A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago acollía na mañá deste 24 de xaneiro a presentación das actividades do Día da Ilustración. A efeméride que se celebra o 30 de xaneiro conta cun intenso programa ao longo da vindeira semana que inclúe obradoiros, conferencias e exposicións en bibliotecas de todo o país e que se expande por vez primeira ás Escolas de Arte e Deseño Pablo Picasso da Coruña e Antonio Faílde de Ourense. A ilustradora Xulia Pisón asina o cartel desta xeira, que coordina a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración en coordinación coa Consellaría de Cultura.
Cándido Fernández Mazas é a figura que protagoniza a xeira deste ano e a exposición monográfica Signos dunha quimera que se poderá ver na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, desde o día 30 ata o vindeiro 29 de maio. Ademais, a Biblioteca de Pontevedra acollerá outra mostra de homenaxe a este creador e o investigador José Manuel Bouzas impartirá na ESAD Antonio Faílde de Ourense unha conferencia sobre a vida e a obra deste vangardista, falecido en 1942. Un vídeo divulgativo e información sobre o autor no web da efeméride completan as propostas para a dar coñecer o traballo dun ilustrador pouco coñecido.