O IV Día da Ilustración terá a Álvaro Cebreiro como protagonista

As bibliotecas autonómicas acollerán as conmemoracións o vindeiro 30 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O IV Día da Ilustración terá a Álvaro Cebreiro como protagonista

Representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e mais o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaban esta mañá na Biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, a cuarta edición do Día da Ilustración, que se celebra o vindeiro 30 de xaneiro. Perrilla é a autora dun cartel que, segundo explicou, "busca chamar a atención e aposta por un primeiro plano". Como novidade nesta xeira, a data está dedicada a Álvaro Cebreiro, no que é o comezo dunha serie de homenaxes pola que cada ano se lembrará nesta data un ilustrador histórico do país. Por este motivo, a AGPI realizou un vídeo didáctico sobre Cebreiro, no que destacan os principais fitos e características do seu traballo.

O programa achega ás bibliotecas de titulariedade autonómica do país, e xa desde datas previas á conmemoración, actividades como obradoiros de banda deseñada, creación de personaxes, narracións con debuxos, ilustración, contacontos ou exposicións. Ademais estas actividades, a Biblioteca de Galicia acolle a mostra bibliográfica Cebreiro: o trazo da vangarda, que se poderá ver ata o vindeiro 7 de marzo. Pola súa banda, o Museo de Belas Artes da Coruña ampliou a exposición centrada na ilustración que lle dedica ao autor ata o vindeiro 30 de marzo.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha rockstar do debuxo

Unha rockstar do debuxo

Álvaro Cebreiro inaugura as homenaxes a creadores históricos no Día da Ilustración