A webserie O gran reto retrata o día a día de tres neofalantes

As persoas que participan da iniciativa amosan a súa tentativa de falar só en galego durante 21 días

12/7/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: linguaaudiovisual
39 lecturas | Compartido 0 veces

Protagonistas da webserie O gran reto

A experiencia de tres persoas de entre 18 e 26 anos que apostan por falar en galego durante 21 días con vistas a mudar a súa lingua habitual. Este é a proposta de O gran reto. 24/7 en galego, a webserie que está a publicar nas rede Alingua (Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega) como parte da súa campaña E túa! Pásaa!.
A proposta audiovisual, que guía a creadora de contidos María Rúa, percorre ao longo de tres episodios diferentes nove desafíos cotiáns aos que as persoas participantes se enfrontan a empregar o noso idioma. Darío Mares Carrasco, de Ourense, Martiña Pérez García de Noia e mais Nelu Vilela, de Narón, protagonizan estes episodios.

Segundo explica Alingua "a serie convida a pasar o reto para que máis xente se anime a dar o cambio, compartir a experiencia nas redes sociais, etiquetando á Alingua e usando o cancelo #ogranreto".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas