Alumnado de dez centros participa do reto 21 días co galego e+

Case 4.000 estudantes iniciaron onte esta proposta que se desenvolve ata o 2 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Alumnado de dez centros participa do reto 21 días co galego e+

Un total de 3.877 estudantes de dez centros de ensino, con idades entre os 12 e os 18 anos, iniciaron este 13 de xaneiro a segunda edición do reto 21 días co galego e+. A proposta que coordina a Secretaría Xeral de Política Lingüística conta este ano con seis centros máis que na primeira xeira e anima ás persoas participantes a facer a proba de falar exclusivamente na nosa lingua durante tres semanas. O reto inclúe unha serie de actividades didácticas nas que cada participante debe desenvolver diferentes presentacións e contidos ademais de reflexionar sobre a súa propia experiencia. A iniciativa pode seguirse a través das redes e está en marcha ata o vindeiro 2 de febreiro.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Ensino