Un total de 1.300 escolares fan parte do programa de dinamización 21 días co galego e +

Os participantes comprométense a falar exclusivamente na nosa lingua ata o 3 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Catro centros de ensino, os IES A Pontepedriña (Santiago de Compsotela), Antón Alonso Ríos (Tomiño), Ramón Otero Pedrayo (Ourense) e Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) participan do programa 21 días co galego e +. No marco desta iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística un total de 1.316 alumnas e alumnos da ESO, de bacharelato e de FP con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos comprométense a falar exclusivamente en galego ata o vindeiro 3 de febreiro. Política Lingüística acolle e estende con este programa unha iniciativa creada en 2013 no IES da Pobra do Caramiñal da man da profesora Pilar Ponte. O proxecto conta cun blog no que se propoñen actividades, se recollen reflexión e se achegan recursos para os participantes durante o desenvolvemento do programa.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, ESO, Ramón Otero Pedrayo, Bacharelato...