A Secretaría Xeral de Política Lingüística lanza a serie Unha palabra para Xela

Cada día de maio pode verse un deste vídeos no web da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
A Secretaría Xeral de Política Lingüística lanza a serie Unha palabra para Xela

Un total de trinta e unha pezas audiovisuais, que se van publicando diariamente durante o mes de maio. Esta é a proposta que ten xa en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística no seu web e mais na súa canle de Youtube. O proxecto, que desenvolveu Arraianos Producións, conta con "académicos e académicas da lingua galega, familiares, amigos e amigos e tamén doutras persoas que tiveron relación coa autora" que escollen en cada unha das pezas "unha palabra que destaca a calidade que, na súa opinión, mellor define a homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra da autora que valora especialmente".

Entre os termos escolleitos atópanse "nena, inconforme, transgresión, editora, intempestiva, independencia, alegría, exploradora, vangarda, magnética ou mestra", segundo explica a SXPL. Nas primeiras entregas Rosario Álvarez, Chus Nogueira e Margarita Ledo falan sobre a autora ou fan lecturas da súa obra.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Lingua galega, Rosario Álvarez...