O Instituto RosalÃa de Castro, en Compostela, celebrou este 4 de novembro a presentación de Xela Arias sen fronteiras, proxecto multimedia co que Arraianos Producións se suma ás homenaxes á autora polo DÃa das Letras Galegas. O centro acolleu a gravación dun programa de radio escolar da man de Ponte... nas ondas! no que participou DarÃo Gil, fillo da escritora, canda ao secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, e mais do director do centro, Xabier Mouriño, e de alumnado do mesmo.
Segundo explica a produtora, Xela Arias sen fronteiras "é un percorrido sensorial por moitas desas fronteiras que cruzou Xela ao longo da súa vida, consciente de que é nos lindeiros onde acontecen as cousas máis interesantes. Por iso foi sempre unha forza desfronteirizante, que soubo derrubar muros e valados coa súa arte transgresora e coa súa radical independencia. FÃxoo como muller comprometida que era, mais tamén como nai, como poeta, filla, narradora, tradutora, editora ou letrista de rock".
Canda a este programa, Arraianos publicou na rede unha fotobiografÃa da homenaxeada na que recolle imaxes familiares e retratos asinados polo que fora a súa parella, Xulio Gil. A iniciativa completarase con pezas rap, rock, poesÃa, pezas audiovisuais e mesmo pezas coa voz da propia homenaxeada.