Unha webserie explora o folclore no Camiño de Inverno

O documental pode verse na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
A Muiñeira do Camiño de Inverno na Praza da Quintana.

A Muiñeira do Camiño de Inverno na Praza da Quintana.

Ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 Javier Blanco Carballal acaba de presentar a webserie A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno. O proxecto, que se pode ver no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística repasa en oito capítulos a saúde da cultura e do folclore nas diferentes etapas desta ruta xacobea.

O eixe da obra é a recollida de puntos de baile tradicional mediante entrevistas con informantes de cada unha das zonas polas que pasa o camiño. Con este material, na chegada á Praza da Quintana preséntase a coreografía da Muiñeira do Camiño de Inverno, elaborada a partir das pezas recollidas.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Documental, Xacobeo...