Numax presenta Videogramas. Santiago de Compostela

O proxecto leva á rede curtametraxes de oito cineastas de referencia

Oito videogramas sobre Santiago de Compostela e o cinema realizados por outros tantos cineastas de referencia do noso país. Esta é a proposta do proxecto Videogramas. A propósito de Compostela, que desenvolveu a Cooperativa Numax co apoio do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 e que están dispoñibles na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alfonso Zarauza, Jaione Camborda, Iria Silvosa, Anxos Fazáns, Eloy Domínguez Serén, Aldara Pagán, Colectivo Semente e Sol Mussa asinan as pezas incluídas na iniciativa, que segundo a súa presentación "pon o foco no talento creativo que caracteriza o cinema feito en Galicia a través dun retrato poliédrico desta cidade".

Lista de reprodución dos Videogramas