Na rede un completo Atlas de Europa en galego

Foi producido por Andavira Editora ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo na rede o Atlas de Europa editado por Andavira Editora e escrito por Xosé Carlos Macía Arce e Francisco Xosé Armas Quintá. O amplo atlas, de interese a o alumnado de primaria e secundaria de Galicia, aborda a xeografía política, humana, económica e social do continente. O amplo conxunto de mapas achega unha variedade de información ao redor da estrutura de poboación, a educación, a sanidade ou o transporte. O Atlas é descargable de xeito gratuíto desde o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa que foi financiado polo Fondo de Proxectos Culturais en Lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Lingua galega, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística...