VilagarcÃa acollÃa na mañá deste 18 de abril a presentación de É túa. Pásaa!, a nova campaña para promover o uso do noso idioma da plataforma Alingua. A iniciativa, que abrangue dezanove concellos, inclúe unha webserie, entrevistas, un vÃdeo musical e diferentes accións a prol do galego.
Como primeira proposta, deuse a coñecer o vÃdeo musical co tema da campaña, protagonizado por Fátima Prego e Grande Amore e colgáronse en edificios dos concellos participantes grandes lonas co lema da campaña.
No mes de maio estrearase a webserie en formato vÃdeo blog O gran reto, na que tres persoas castelanfalantes amosarán a súa experiencia vivindo en galego durante 21 dÃas mediante capÃtulos semanais nos que enfrontarán distintos desafÃos. Ademais, ao longo dos vindeiros meses Alingua anuncia a publicación "de entrevistas a persoas de diversos ámbitos que achegarán as súas vivencias coa lingua, novos recursos en galego ou sorteos para visitar o fondo mariño, entre outros contidos".
A organización desta campaña pon tamén a disposición do público bandeirolas e vinilos con mensaxes vencellados á campaña a animar a falar na nosa lingua.
Alingua agrupa a dezanove concellos do paÃs comprometidos coa dinamización do galego. A entidade é reponsable de proxectos como Apego, Youtubeiras, Club de Debate ou Enreguéifate.