O Season Fest marcha para Gondomar e farase en setembro

O desencontro co concello de Baiona que provocou o seu aprazamento provocou o traslado e cambio de datas

4/7/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Afeitado pero contento, así irá o Season Fest, festival anteriormente coñecido como Barbeira Season fest, a encontrarse co seu público o vindeiro mes de setembro no concello de Gondomar para a que será a súa quinta edición. O festival Barbeira Season Fest, unha das citas coa música "indie" do calendario estival, anunciou o 19 de maio a cancelación e aprazamento da súa quinta edición, que xa tiña cartel de artistas confirmados, prevista para os días 9 e 10 de xuño en Baiona, onde xa tiveran lugar as anteriores catro edicións. Un comunicado das dúas empresas promotoras do evento (elemental Street e Recados Carmen) anunciaba o adiamento a menos dun mes do comezo e sinalaba directamente á falta de apoios do Concello da Baiona, tanto en compromisos económicos directos como nos permisos e taxas da ocupación do espazo para a actividade. Ante esa situación as empresas comezaron negociacións para sacar adiante o festival e evitar a cancelación, que finalmente acadaron froito no veciño concello de Gondomar, onde segundo anunciaron celebrarase o evento entre o 21 e 24 de setembro mantendo o mesmo cartel artístico que inclúe a Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, Capicúa, Anabel Lee, Xenia, Firmado e Lusillón. O cambio de localización leva con el unha parte do nome, o de Barbeira, tomado do areal situado xunto ao parador de Baiona. Transformado xa en Season Fest o evento afronta a súa quinta edición sen moverse do Val Miñor.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, Concello de Gondomar, Iván Ferreiro, Xoel López...

Claves

Lugares