A Xunta presenta a campaña "CulturON" para impulsar a oferta cultural

Baixo esta marca a administración difundirá as máis de 2.500 propostas da programación nas que colabora ou que produce

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas CulturaisComunicación
Compartir:

A programación cultural impulsada pola Xunta en colaboración con distintas empresas e administracións locais difundirase baixo o lema 'A cultura de Galicia é un CulturON', que se porá en marcha esta semana en medios de comunicación e redes sociais para informar a cidadanía desta oferta, con recomendacións diarias e resumos semanais. Ademais, todas as actividades poderán consultarse na Axenda de Cultura de Galicia da Xunta. Esta campaña, presentada hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, porá o foco este verán no "talento, profesionalidade e excelencia do sector", que ofrece entre xullo e setembro máis de 2.500 propostas "diversificadas e repartidas por todo territorio para ampliar públicos e garantir o acceso a todas as persoas". O acto foi presentado pola actriz Cristina Maró e contou coas intervencións de Xoán Quintáns, director do Festival Revenidas, e de Soledad Felloza, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Ademais, a compañía Desastronauts realizou en vivo un número aéreo para a ocasión. O fío condutor desta nova campaña e marca é o Plan Xeración Cultura, a folla de ruta para acompañar neste 2023 o bo momento do sector cultural.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Soledad Felloza, Román Rodríguez, Narración oral, Educación...