A Xunta unifica todas as estratexias da innovación na Axenda Dixital

Suporá o investimento de 1.600 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Primeiro foi o Plan de banda larga, despois o de Modernización da Administración, a e-Administración en colaboración con concellos e deputacións e máis tarde o Plan Senda da Xustiza. Pero todas esas estratexias fundiranse en Axenda Dixital 2014.gal. O programa, aprobado no consello da Xunta da semana pasada, unifica todas as iniciaitvas en materia de tecnoloxía do goberno. O obxectivo é universalizar o acceso das persoas, das administracións e das empresas ás tecnoloxías da información. Para esta campaña contará con 1.600 millóns de euros que se traducirán, en palabras do Presidente da Xunta, “en 12.000 empregos en Galicia ata 2014, aumentar en 1.300 millóns a actividade económica neste sector, e incrementar en 1,2 puntos o peso do sector no PIB”.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, PIB

Claves

Conceptos