Sector TIC e Xunta desenvolverán prestacións sociais no fogar a través das novas tecnoloxías

É un dos aspectos do Plan de Acción 2011 previsto na estratexia tecnolóxica 2014.gal

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTecnoloxía
Compartir:

Facer seguimento de pacientes crónicos ou teleasistencia médica da cidadanía son algunhas das posibilidades que a Administración Autonómica e o Sector TIC debateron hoxe no marco dunha xuntanza. Fai parte do Plan de Acción que a Xunta desenvolve para este ano e que se integra na estratexia tecnolóxica 2014.gal. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica e a Consellaría de Sanidade traballarán xuntas neste proxecto que ten dúas fases de traballo: unha inicial de identidicar as capacidades tecnoloxías do sector TIC e outro de elaboración das iniciativas ámbito social e sanitario. Malia que nun primeiro momento as capacidades do que chamaron Fogar dixital son de ámbito sanitario, os servizos tamén estarán relacionados coas comunicacións e o lecer.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)