Unha xornada informa das axudas públicas para innovación audiovisual

O encontro foi organizado pola Plataforma Tecnolóxica Audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os responsables dos programas de axudas á I+D+i das administracións Autonómica e Central estiveron onte en Santiago informando da totalidade da convocatoria de axudas de base tecnolóxica e innovadora para este ano 2009. O encontro, organizado por I+dea, a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, resumiu as principais convocatorias. A Xunta desenvolve, no marco do Plan INCITE dúas liñas segundo sexa pequenas o grandes empresas (“Peme I+D” e “I+D Suma”); o Ministerio de Industria conta co Plan AVANZA que ten liñas de actuación destinadas a fomentar iniciativas innovadoras en contidos dixitais; por último, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía mantén de xeito permanente (sen convocatorias puntuais) a liña NEOTEC para empresas novas de base tecnolóxica.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Tecnoloxía, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)