Dunha banda os fornecedores de contidos e da outra os creadores de soporte para transmitir esa información. A conxunción da tecnoloxía e dos contidos acaba de callar en I+dea, a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega. Un foro aberto para o sector que, malia que se presenta hoxe, leva meses traballando en cinco liñas clave para a industria (formatos e contidos audiovisuais interactivos, animación e xogos, sistemas avanzados para a produción e xestión audiovisual, alta definición e V-Learning). As 77 empresas que integran esta plataforma deron a coñecer hoxe a súa Axenda Estratéxica de Investigación, o documento coas liñas de traballo para o futuro do sector.
O sector audiovisual reúne 400 empresas galegas (principalmente pemes), move un volume de negocio que supera os 220 millóns e de euros e dá traballo a unhas 2.800 persoas. Unhas cifras que, segundo avanzou na presentación Fernando Blanco, o Conselleiro de Innovación, evidencian a importancia do sector audiovisual, que está nun avance continuado. Por ese motivo, o seu departamento destinou 224.000 euros para a constitución de I+dea, a plataforma tecnolóxica do audiovisual que na súa etapa de constitución agrupa a cerca do 20% do sector.
Áreas de traballo
Antón Reixa, o seu presidente, destacou na presentación a necesidade dunha nova cultura de colaboración, así como a importancia de redefinir os novos modelos de negocio e converter as oportunidades en demandas. Ademais de presentar publicamente a entidade, a xornada servíu para dar a coñecer a Axenda Estratéxica de Investigación da plataforma, o documento que contén as liñas de traballo desta entidade. Contidos, servizos e aplicacións, infraestruturas e redes, terminais e dispositivos de usuario son as áreas de traballo nas que se centrará a plataforma.