A Xunta vai limitar a 150 persoas o acceso aos illotes da ría de Arousa

Inclúe a illa de Rúa, Guidoiro Areoso e Pedregoso

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta limitará o acceso aos illotes da ría de Arousa que, ata o momento, carecían de regulamento de entrada. Isto afecta ao illote de Rúa, o Guidoiro Pedregoso e o Guidoiro Areoso, precisamente o máis afectado pola presión turística. A Consellería de Medio Ambiente presentou ao Consello Galego de Medio Ambiente o proxecto de orde que aínda non está publicada e, polo tanto, aínda que o verán está a piques de comezar, non é aplicable. O acceso ao illote de Guidoiro Areoso estará limitado a 150 persoas diarias en tres quendas horarias. É precisamente a limitación de acceso a este illote o máis demandado por diferentes colectivos e as institucións locais, debido á riqueza da súa flora, á importancia do patrimonio arqueolóxico conservado e ao impacto da presión humana sobre os fondos mariños. Porén, tamén están documentados restos arqueolóxicos no seu irmán Pedregoso e en Rúa existen as ruínas dunha fábrica de salgazón. Para solicitar o acceso, seguirase o mesmo procedemento que coa Praia das Catedrais, a través dunha aplicación e web, e visitar as zonas sen autorización pode significar multas de distinto grao. A Consellería considera que a orde poderá estar publicada a principios de xullo.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ría de Arousa, Arqueoloxía

Claves

Conceptos