Pedro Feijóo, María Reimóndez e Leticia Barbadilla gañan os Premios Xerais 2023

Cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros

Cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros
Membros do xurado dos Premios Xerais.
Esta fin de semana falláronse os Premios Xerais de Novela, e os xurados escolleron as obras de Pedro Feijóo, María Reimóndez e Leticia Barbadillo. Pedro Feijóo gañou o Premio Xerais de Novela coa súa obra Ninguén contará a verdade, unha novela sobre a corrupción política protagonizada por unha xornalista en paro, Marosa Vega, que en colaboración cun xornalista veterano, Salva Lamas, investiga un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta e que está a deixar un regueiro de vítimas. Segundo o xurado, é unha novela "ousada e ambiciosa cunha trama adictiva". Pola súa banda, María Reimóndez fíxose co Jules Verne 2023 de Literatura Xuvenil coa novela Furia. Nela abórdase a incursión no mundo do boxeo de Cecilia, unha rapaza de 16 anos que se muda de cidade a vivir coa súa tía avoa trala morte da súa nai. No seu traxecto vital, Cecilia coñecerá a dúas mulleres de diferentes idades e condicións sociais, configurando un "relato coral". o xurado valorou "a forza do argumento, o manexo da lingua e o carisma dos personaxes". Por outra banda, Leticia Barbadillo gañou o Premio Merlín 2023 con A botella de lentellas, a historia sobre un neno que, tralo internamento da avoa nunha residencia, decide facer por si mesmo as orellas doces que lle preparaba a súa avoa, e imaxinar as historias escoitadas por esas orellas. O xurado considerou que a novela é "unha singular e fermosa defensa do valor da ficción e do poder cativador dos contos". Esta é a primeira novela de Leticia Barbadillo. Aos Premios Xerais presentáronse este ano 87 obras. En outubro realizarase o acto de entrega e os libros estarán nas librarías.