A Illa de San Simón acolleu o fallo e entrega dos Premios Xerais 2016, que este ano cumprÃan a súa edición número trinta e tres. Na categorÃa de Premio Xerais de Novela, gañou a obra A ira dos mansos, do médico Manuel Esteban DomÃnguez, unha novela negra ambientada en Vigo, cun acusado enfoque social e referencias ao mundo da discapacidade mental. Pola súa banda, Iria Misa gañou o Premio Jules Verne de literatura xuvenil con Xa non estou aquÃ, a historia dunha rapaza que se enfronta aos conflitos de personalidade da preadolescencia, incluÃndo a entrada nun grupo coñecido como Os Murnios. E finalmente, David Pérez Iglesias obtivo o MerlÃn de literatura infantil con Todo o tempo do mundo, unha novela narrada por unha moza preadolescente que redescubre o mundo do rural e da aldea das súas orixes.