Iolanda Zúñiga e Teresa González Costa gañan os premios Xerais 2010

Nun acto celebrado na Illa de San Simón o sábado

14/6/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
4 lecturas | Compartido 0 veces

Teresa González e Iolanda Zúñiga. Foto: Xerais

Nun acto social celebrado na Illa de San Simón (Redondela) este sábado, déronse a coñecer as gañadoras do Premio Merlín de Literatura Infantil e do Premio Xerais de Novela 2010. A gañadora do premio Xerais de Novela resultou ser Iolanda Zúñiga, coa obra Periferia, ambientada nos arrabais de Sâo Paulo e Teresa González obtivo o Premio Merlín con A filla do ladrón de bicicletas.
A novela Periferia, ambientada nos arrabais de Sâo Paulo, é a primeira ficción longa da escritora Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975), que anteriormente publicou o libro de relatos Vidas pos-it. Pola súa banda, A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa (O Grove, 1975), ten como fío condutor unha bicicleta que se convirte en personaxe á beira do protagonista, e se trata, en palabras do xurado, da "perfecta combinación de tenrura e humor".

Manuel Bragado, director de Xerais, aledouse da "evidente renovación xeneración que se está producindo na literatura galega nos últimos anos". Para Bragado, "felizmente vivimos na primeira década das narradoras galegas".

Universo culturagalega.gal