María, Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, gañadores do Xerais 2022

Cada premio ten unha dotación de 10.000 euros

18/7/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias

O venres coñeceuse o fallo dos xurados dos Premios Xerais 2022. A novela A culpa, de María Solar, fíxose co Premio Xerais de Novela, Cicuta para dous de Rocío Leira co Jules Venre de Literatura Xuvenil e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, co Merlín de Literatura Infantil. AS tres obras gañaron por unanimidade nas deliberacións dos seus respectivos xurados e están dotadas con 10.000 euros.

En A culpa, a xornalista e Coordinadora de Cultura da Televisión de Galicia María Solar, constrúe unha novela de intriga que é, segundo o xurado, "un xogo de espellos entre dúas amigas e socias indisolubles, unha relación que comeza cunha clara manifestación de apoderamento persoal e feminino para se ir convertendo nunha submisión tóxica agoniante cun final perturbador onde a culpa se converte nun personaxe omnipresente". No caso de Cicuta para dous, da profesora Rocío Leira, a novela, tamén de intriga, propón a investigación dun misterio aparecido na sección de anuncios por palabras dun xornal, e segundo o xurado "está tinguida de pinceladas filosóficas que dan xogo para a reflexión". No caso de Unha nova dimensión, este libro de poemas de Anxo Iglesias resultou gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil e é definido polo xurado como un "orixinal compendio baseado na liberdade creativa e nos xogos coa linguaxe. Nas súas páxinas desprégase un amplo abano de composicións (romances, abecegramas, xitanxáforas, aladíñas, haikus, pictopoemas, cancións...".

As obras editaranse nos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rocío Leira, Anxo Iglesias, Rocío Leira, Literatura...