Unha actuación de Vella Escola en Vilagarcía e outra de Silvia Penide en Culleredo abren este 15 de xuño a edición 2023 do programa Cultura no Camiño. A Axencia Galega das Industrias Culturais presentou o día 14 este programa, que se desenvolverá finalmente en 88 concellos do país polos que transcorren rutas xacobeas ata o vindeiro 31 de agosto.
A proposta, que este ano incrementou a achega da xunta en 20.000 euros ata os 250.000, sumará co cofinanciamento municipal medio millón de euros en contratacións artísticas. Un total de 150 artistas e grupos do país desenvolverán ao seu abeiro 302 actuacións de circo, danza, música e teatro en municipios vencellados aos camiños de Santiago.
As artes escénicas supoñen as propostas con maior presenza nesta undécima edición do ciclo, cun total de 93 funcións a cargo de compañías como Tanxarina, Ibuprofeno Teatro, Teatro Ghazafelhos ou a narradora oral Vero Rinlo. Seguen as propostas musicais, con 90 recitais a cargo de A Banda da Loba, Paco Nogueiras, Odaiko, Habelas Hainas, Festicultores ou Leilía. O novo circo, con 66 citas da man de Pistacatro, Isla Letriska, Circo Chosco ou Peter Punk Pallaso, e a maxia, que conta con 46 actuacións do Mago Teto ou o Mago Antón, fan tamén parte da iniciativa.
Pontevedra é a provincia que acumula a maior cantidade de actuacións, con 99 en 26 concellos. Séguea A Coruña, con 89 en 30 concellos, Lugo, con 72 funcións en 26 municipios e Ourense, onde se desenvolverán 42 funcións en 12 localidades. O groso das citas celebraranse en agosto, mes no que están previstas máis de 150 funcións.