A Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de abrir o prazo para que os concellos interesados se inscriban para a sétima edición de Cultura no Camiño. O programa, que financia a contratación de actuacións escénicas e musicais en lugares polos que transcorren as dez rutas xacobeas recoñecidas, conta cun orzamento total de 324.000 euros que se distribuirán como novidade mediante a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. O programa cubriu o pasado ano un total de 103 concellos aos que achegou 342 actividades. A entidades locais con interese en participar na nova xeira contan cun mes para facer as súas solicitudes.
O programa, financiado por Agadic e Turismo de Galicia e desenvolvido en colaboración cos concellos e con Gadis cobre actuacións a desenvolver entre o 1 de maio ao 30 de setembro e achega unha subvención máxima de 3.500 euros para os concellos de máis de 20.000 habitantes e de 2.500 para aqueles con menor poboación.