O Museo Provincial de Lugo exhibe a cabeza de Narla

Foi recibida grazas a unha doazón particular

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Museo Provincial de Lugo

Foto: Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo xa exhibe na súa sección de Arqueoloxía a cabeza de Narla, unha singular peza de vinte centímetros de altura, froito dunha doazón dun particular. Como moitos destes elementos da plástica castrexa, as súas orixes non están de todo claras. Foi publicada por primeira vez en 1956 por Blanco Freijeiro nos Cuadernos de Estudios Gallegos, facendo referencia a que fora a dada a coñecer por un alumno seu, Amable Veiga, como atopada nun castro de Narla (Friol). Segundo o museo, a cabeza permite abrir "unha nova etapa no estudo e na investigación da peza e da plástica castrexa, a fin de determinar máis polo miúdo as características, paralelismos, cronoloxía ou historia deste ben cultural".

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un puñal cravado á memoria

Un puñal cravado á memoria

O Museo Arqueolóxico de Ourense dá a coñecer unha singular arma celtíbera localizada no castro de Santomé

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Provincial de Lugo, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares