Marín acolle as XII Xornadas Blanco Freijeiro de arqueoloxía e arte

O concello exporá as principais pezas atopadas no castro da Subidá

| Santiago. Redacción | Seccións: Arqueoloxía
Compartir:

O concello de Marín organizará a semana que vén as XII Xornadas Blanco Freijeiro de arqueoloxía, historia e arte. Este ano as conferencias serán a cargo de Xulio Carballo, que falará sobre os castros no seu contexto cronolóxico, xeográfico e cultural (martes), Javier Rodríguez Corral falará sobre guerra e sociedade na cultura castrexa (mércores) e Estevo Amado sobre a alimentación na Idade do Ferro (xoves). As xornadas finalizarán cunha visita á exposición e achados do castro marinense da Subidá.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Marín, Xulio Carballo, Guerra...

Claves

Protagonistas
Lugares