Calculaba que ao longo da súa vida pintara entre tres mil e catro mil obras, entre pintura, gravado e deseños. Manuel Ayaso, ribeirense emigrado aos Estados Unidos, finou onte aos 89 anos de idade. Atrás fica unha longa vida na que o autor, que se formou en Newark, nos Estados Unidos, onde vive unha gran colonia de galegos, sobre todo da comarca do Barbanza. Ayaso, que ao longo da súa vida foi decantándose por un estilo pictórico definido por el mesmo como "surrealismo expresionista", recibiu influencias de DalÃ, Goya, Picasso ou El Bosco para compoñer cadros nos que o imaxinario sobrenatural de Galicia e da morte están moi presentes. Cando volveu a Galicia recibiu numerosas homenaxes, recoñecementos e exposicións. A súa última exposición foi unha retrospectiva, "Manuel Ayaso. Testemuña do invisible", organizada na Coruña, na que o artista presentaba 84 obras da súa traxectoria. Precisamente nestas datas inaugurouse a que serÃa a última mostra na que participou, unha homenaxe a Picasso a catro mans co tamén pintor Alfonso Costa. Segundo contaba ao diario dixital O Barbanza, Ayaso orientou nos últimos anos a súa obra, abandonando o tenebrismo, e apostando pola cor e a luz. Fora o desexo do seu fillo, que morrera a finais da década pasada nun accidente de tráfico nos Estados Unidos.