A XVIª edición do Premio Atlante de Gravado, outorgado polo Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira fallou as súas categorÃas e anunciou a creación dunha nova en homenaxe ao recentemente falecido artista ribeirense Manuel Ayaso. O desaparecido artista dará nome a un premio para artistas menores de 25 anos. No relativo ao palmarés desta edición á que se presentaron máis de 300 obras de ata 20 paÃses, o Premio Ramiro Carregal Rey, a principal categorÃa premiada con 5.000 euros, recaeu nesta edición no artista tailandés Prakarn Jantaravichit. No resto de categorÃas, os Premios Atlante dotados con 2.500 € cada un entregáronse a Carmen Isasi, Federica Bau e Marcos Poma, mentres que o Atlante Galicia Pedras de Santiago destinado a artistas nados ou residentes en Galicia foi para a pontevedresa Carola Bouza, este comporta unha dotación de 2.000 euos. As mencións de honra foron para Raquel Hernández Izquierdo, Fabio Riaudo, Floki Gauvry, AntÃa Iglesias Fernández e Nuria Pena.